quarta-feira, 2 de julho de 2008

Discos Gong: Kara.o.ke em novidades

Graças à Lonxa Cultural, "Kara.o.ke" pode-se comprar já nos lugares mais inverosímeis. Ainda que existem comércios que nom querem saber nada do pop que se fai no nosso país, e especialmente se está melhor ou pior cantado em galego, hai outros que expressam claramente o seu compromisso coa música que se fai por aqui. E quando se trata de pôr nos expositores o cd do Projecto Mourente, sobra dizer que se trata dum forte compromisso. Este é o caso de Discos Gong: o seu comércio de Compostela decidiu incluír "Kara.o.ke" entre as novidades do mês. Às vezes, quem expressa esse compromisso co produto próprio som livrarias ou mesmo lugares como as Galerias Sargadelos. A todos e a todas, um imenso obrigado. E quem ainda nom tenha o cd e o queira, já sabe que nom tem escusa para nom comprá-lo. Por certo, está baratinho: nom chega aos 11 euros nos pontos de venda mais caros.
E como onte me agasalhárom co disco dos MGMT, que che vos está mui bem, pois também ponho o vídeo de "Kids". Quase se deveria titular "Kiss" polas pintas que levam na cara.

5 comentários:

Regueifeiro disse...

e non terá algo que ver que un dos dependentes sexa reintegracionista?

;-)

por certo que o video de MGMT -o meu puto disco favorito do momento xunto co dos Ting Tings- non é oficial, fixeronno uns fans, que son os que saen coas caras pintadas. Fans asi de creativos quería eu!

bubamara disse...

moitas felisidades!
por fin as tendas de discos danse conta do que é a musica de calidade galega...
esperemos que arrases na venda do teu disco... porque o mereces!!

Luis_en_transito disse...

me copias os videos ... cabrito

vou ver no Gong de Vigo , que eu non teño que pillar o Castromil

sergio74 disse...

Q temazo nom faltara no meu set para valga...jeje
teña q ver se no sargadelos de ferrol, puxeróm o disco q estes che som asim asimm, umha aperta e igual o sabado vou a caldas. chau chau

Carlos disse...

Ola, neniño!

Xa se pode "mirar" o vídeo xD. Mudou un pouco o estilo, mais está moi ben, especialmente o momento scalextric.

Teño que confesarche unha vergoña... Aínda que teño requeteescoitado o disco, aínda non o comprei! Nada máis terminar esta mensaxe, xa o fago. xD

Moi ben por toda a xente que segue a distribuír os nosos produtos culturais, aínda tan estranxeiros na propia patria...

Beixiños!