sábado, 24 de fevereiro de 2007

Qualquer tempo passado nos parece melhor

Assi dizia uma cançom, creio que dos anos 1960. Muita gente pensa isso, que no presente vamos a pior e que hai uns decénios estávamos melhor ou mesmo que éramos melhores persoas. Se nom som os 1980, som os 70 ou os 60... hai mesmo quem fala da posguerra como época dourada. Persoamente, penso que na realidade a gente se refire à sua melhor época, aos tempos em que se sentia mais viva, mais activa, namorada e provavelmente mais feliz. Creio que o presente nom é em geral melhor ou pior que o passado... e que se pintamos o presente feio é porque já nom somos quem de vivi-lo. Nom sei se este é o caso da Sandi Thom, que di numa das suas canções que desejaria ser uma rockeira punk com flores na cabeça.

5 comentários:

Anónimo disse...

no puedo con la melancolía ...cualquier tiempo pasado fue .....pasadao ,-)
unha aperta

Marinha de Allegue disse...

Caramba ata hoxe non me enterei deste espazo. Que ledicia me deches!!! Benvido Sultán.

Unha aperta grande grande.
:)

besbe disse...

Que bonita canción, o mellor de mirar atrás é ver que unha sigue disfrutando da vida e dos bos momentos como o facía antes, igual con algunha responsabilidade máis, pero coas mesmas flores na cabeza.
Acabo de ver o vídeo "Fazer música na casa", es xenial!

Anónimo disse...

sissisisisissisisisisisi, razón tela toda sen dúbida. e xa non só como pasado "histórico", senón no individual tamén nos pasa iso. Supoño que tendemos a saber o que tiñamos desde o momento en que o perdemos. Disto non falamos un día no fotolog? ais, non sei. Bueno.
unha cansionsiña pa isto: el tío calambres "entre el mundo y tu". non sae no youtube, joé, jaja
bico

Anónimo disse...

hola, gustoume. Pero teño o besbello da comparanza ao redor. Non podería soportar a comparanza con Ismael Serrano en muller e en ianqui o whatever que sexa a tipa?
(Sinto pola pobreza da miña intervenzón)