segunda-feira, 28 de maio de 2007

Alguém mente


Na passada sexta-feira, ao ler um comentário deixado neste blogue, fum ler nos jornais e fiquei parvo ao ver esta notícia no Correo Gallego. Corina Porro apresentava o programa de festas de verão de Vigo e, entre outros eventos, falavam do seguinte:


[...] los días 11 y 12 de agosto, tendrá lugar el Festival 'Galicia-Exprés: Festival da Galicia urbana', con grupos como como Triángulo de Amor Bizarro, Colectivo Arkestra, Niño y Pistola, Igloo, Proxecto Mourente, Nadadora.


Além de estar mal escrito, a notícia é falsa. Devo dizer que a dia de hoje ninguém do Concelho de Vigo ou da organizaçom desse suposto Festival Galicia-Exprés me contactou para falar de uma eventual presença do Projecto Mourente no evento. Alguém mente.

Resulta-me indignante que se use impunemente o nome de Projecto Mourente com fins eleitoralistas, especialmente se quem o fai é alguém do Partido Popular. E ademais dessa maneira, na passada sexta-feira, no último dia de campanha eleitoral para tentar arrepanhar uns míseros votos. Nom sei eu se mentando o meu passa-tempo se podem conseguir muitos votos mas o caso é que, afortunadamente, Corina Porro nom conseguiu a maioria absoluta e terá que deixar a alcaldia (ou deveria, se os partidos da esquerda entram por fim em razom).

10 comentários:

Unknown disse...

Non hai por onde collelo, pero as urnas poñen a cada un no seu sitio.

sergio74 disse...

ffuf. ela tiña q ser onte xa saiu celebrando a victoria e too, pero oxe chorara cando o psoe e bng, pactem e teña q deixar a acaldia a os progresistas.jjee
saudos, eiqui tamem teñem q avandoar a acaldia..jee tamos contentos. unha aperta

Anónimo disse...

yo siempre digo q si hay q ilegalizar a algun partido sin duda debería ser al PP!!!
son lo peor de lo peor!

Anónimo disse...

a pobre Corina perdeu as eleicións pola tua culpa xD

Anónimo disse...

pois..sería eso ,-)
Eu escoito algo fora de Vigo_liberado_de_Cori e xa penso que é A Coru.

Bico

besbe disse...

que mentirosa!

Anónimo disse...

Pois si ke tá claro ke alguén minte!! É creo ke todos sabemos ken é...
É unha pena ke tenhan ke utilizar artimanhas deste tipo pa conseguir alguns votos máis.

Marinha de Allegue disse...

Pois eu vira a noticia e quería preguntar si era certa, menuda mentirosa!!.

Unha aperta.
:)

besbe disse...

ei, gracias por arrancarme un riso que falta fai :) bicos! Oe, de tódolos xeitos, que se piden que te divirtas e actúes en Vigo...tampouco lles farás un feo, non?

Colazo disse...

"Festival da Galicia urbana" pero que noxo!! Corina Porro, máis pailana e non nace.
Gostaríame saber con cantos deses grupos se falou, apostaría a que non es o único.

Esta fartouse de gastar cartos públicos durante a campaña electoral, cartas, cuñas, cartaces co Plan Coia...

Menos mal ou iso agardo que non volverá ser alcaldesa