quinta-feira, 19 de julho de 2007

Old School

O verão nom dá chegado. Mal tempo e ainda com mil trabalhinhos, pero a próxima semana marcho por coa síster mourente. Nom sei bem qual é o plano, pero espero bailar muito. Tenho um grande deficit dance que arrastro desde hai muitos meses. Lembrárom-mo o sábado passado. Será que os anos nom passam em vão? Devo reconhecer que na pista já som mais old school que outra cousa. Pero nada de lamentações ou complexos: estou orgulhoso de sê-lo, igualinho que os do clip de Big Bass. Viva o house, viva o smiley e dentro vídeo!

7 comentários:

Unknown disse...

Ei mourente! Imos vellos pero non tanto. Ainda quedan moitas horas de pista. Ten conta en Berlín que seica che hai moito vicio. Pasao ben nas tuas merecidisimas vacacións.

sergio74 disse...

tes toda a razom o smiley mola moitismo.
o sabado caeram un par de tamas de acid e algo mais.jejje
boa idea o de vestirnos de noiva.jejjejjj
q magua q nom poidas vir seno bailarias mitismo.
pasao bem nas tuas vacacions q as tes merecidas
saudos e unha aperta

Plattdorf disse...

Ola, artista.

Deixeille unha mensaxe na súa conta de correo de toda a vida, que non sei se aínda funciona.

rosa enriquez disse...

É a primeira vez que visito este blog. Faloume Moderno de vostede e decidín pasarme por aquí. Gustoume o vídeo. PAseino ben. Penso que voltarei por estes lares se non lle molesta. Un saúdo

Marinha de Allegue disse...

Disfrutade moito das vacacións tanto ti coma a sister mourente. E xa contarás á volta.

Beijossssssssss sultán.
;)

Anónimo disse...

te íbamos a hacer una propuesta pero por lo q leo creo q no podra ser...
era por si podias venir por carballo a enseñarnos a hacer música electrónica la semana q viene, el 2,3 o 4 de agosto, q vemos a estar los 3 reunidos esos dias.
bicos

Anónimo disse...

habemus cartaz


on the rocks festival

the homens
projeto mourente
franc3s

eme
dj fugaz

10 de agosto, 22 h, silfo, carballo

http://ontherocks.blogia.com