quinta-feira, 1 de maio de 2008

Na fábrica

Nom, nom... nom desaparecim. É só que andei enleado cos últimos detalhes da ediçom do disco. "Kara.o.ke" já está caminho da indómita Euskadi. Alô, em Barakaldo, é onde se farám as cópias durante os próximos dias. Se todo vai bem, deveriam chegar-nos a meados de mês. Antes de acabar maio todos deveríades poder ter a vossa cópia. A imagem de hoje é a portada do cd, sobre as cores que escolhim redefinim também o desenho do blog (dentro dos meus curtos conhecimentos na matéria, claro está). Espero que nom vos resulte incómodo de ler. Do que se tratava era de reviver um pouco os tempos do acid house, aquel inesquecível 1989. Assi e todo, a música do disco nom é acid house, nem sequer house, é... o de sempre: pop electrónico feito espontaneamente na casa para bailar e botar umas risadas. O disco terá 15 pistas: 11 temas novos, a versom do "Non podo máis" dos The Homens, e três remixes (geniais, por certo) feitos por Cable, Fanny & Alexander e Colectivo Oruga. Todos os temas estarám também na Regueifa Plataforma em descarga gratuíta. Todos? Nom, nom todos: "Por adiante e por atrás" estará só no disco e o remix de Colectivo Oruga será diferente na web. Os temas lançarám-se na rede aproximadamente duas semanas depois da saída do cd ao mercado. Da distribuiçom encarregará-se a Lonxa Cultural. E quais serám os preços? Pois oscilarám em funçom do lugar de venda, como todo, pero suponho que andarám entre os 10 e os 13 euros.
E enquanto aguardamos (eu som o primeiro impaciente!), um vídeo do Funkerman, "Speed Up".


10 comentários:

bubamara disse...

Moi amanhadinho o desenho novo do blog! Tas feito un artista!!
Ajora toca esperar polo novo disco...
pagaremos eses 10 euros encantados!!

Cleo disse...

Muita sorte com o novo disco e o das letras negras sobre fundo negro é mui curioso. A ver se sai cedo que já temos todos os dez euros preparados!

caBle disse...

Ainsss!!!
Xa teño ganas de pillar ese disco!!!
Me deixaron moi bon gusto os adiantos que tiven a sorte de poder escoitar!!!!
Saudos!!!

caBle disse...

E por certo!
Gracias por deixarme participar no teu prxecto!!!!!

Desexote moita sorte co disco!!!
;D

Ghanito disse...

Haberá que ir aforrando xa para ese día :D

E o novo deseño do blogue está estupendo.

sergio74 disse...

Peroo q chuladaaaaaaaaaaaaa
os cores som totais acidhouse brutal,
teremos q facer unha festa acid pra celeblalo,jeje
xa apartei um paviños para mercar o disco,,ej
saudos e unha aperta

Marinha de Allegue disse...

Foi unha grata sorpresa atopar estes favorecedores cambios...

Parabens polo flamante disco e polos flamantes cambios no blog!!!.

Beijinhos Sultán
:)

busto.agolada disse...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com

ZIMMER103 disse...

joder que pinta ten isto...moitos xa non durmimos agardando o intre no que o Kara.O.Ke de Barakaldo nos invada por detrás e por diante!!

gustavo harvey disse...

ais... como molas!