terça-feira, 13 de janeiro de 2009

Entrevistas e mais cousinhas

Já ia estando na hora atender a leirinha esta. Apesar do catarraço, o 2009 começa bem: os leitores do Xornal de Galicia incluírom o "Kara.o.ke" entre os melhores discos de 2008. Para eles vai um obrigado com muito carinho. Ademais, a Regueifa, a nossa casa matriz na rede, renovou-se totalmente depois duns probleminhas. Visitade-a aqui. Também começamos com duas entrevistas. A primeira sai hoje no pérfido e fantástico blog do Alema e nela boto a língua a pacer sobre o reintegracionismo. Decerto que vou receber algum tomataço! A outra entrevista sairá em breve no fanzine Despregable. Por suposto, continuamos ensaiando e preparando o EP de "Eu só". Ainda temos que gravar as vozes... seja como for, nom nos pomos nenguma data de saída. Irám várias versões de "Eu só", outra do "Demasiado popi" e... um tema inédito um pouco "ghamberro". E como primeira foto do ano ponho uma das que tirei no concerto que os Brainwash, esses animalinhos ferrolãos, dêrom o outro dia. Este ano editam álbum! E o primeiro vídeo, o "Folder" dos Plastic Operator, tanto me tem se é já de hai dous anos. O tema está total.

4 comentários:

Carlos Callón disse...

Un ten que dicir o que pensa sen medo aos tomatazos, así que moi ben feito!

Eu tamén teño unha pendente con Alema. Agardo non demorar moito máis.

Parabéns polo de Xornal de Galicia!

Un bico ben grande!

alemamalo disse...

- de tomatazos, nada
a túa moderación é todo un exemplo para os reintegratas (bueno, iso é o que penso eu... ;-) )

graciñas polo teu tempo.
para min foi un prazer con z :D

sergio74 disse...

gran temazo onde os aia,jej
moi booo.
andamos todos a voltas co catarrzo polo q vexo,,pero tes razom xa se sae, grazas os xarabes eu xa ando enganchadiño a eles,,jeje
umha aperta forte

Martin Wu disse...

jei, mourente, serán os mellores do 2008 ou? :p

Que pasou, que vexo cambios estraños no teu estado de facebook?