Os pássaros também emigram ao sul
Ademais de uma tendência natural descoberta hai muito tempo, este é o título (bem, na realidade é, Os páxaros tamén emigran ao sur) da novela que publica em Xerais um amigo meu, Silverio Cerradelo. Assi é como a pintam na editorial:
Os paxaros tamén migran ao sur é unha novela social. Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capital grande, Barcelona, onde a comunicación humana non é doada. Unha novela que cuestiona a sociedade cosumista posmoderna. Unha ambientación moi coidada e un erotismo elegante. Un texto que engada e que non podemos deixar de ler até o final.
O Jordi, un rapaz catalán que é biólogo, empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relación coa Eva, que xa foi hai máis de catro anos, di, pero que lle deixou unha pegada indelébel. Todo empezou un día que el estaba a tomar un cortado nunha cafetaría e viu aparecer pola porta unha muller nova. Ela traía postos uns texanos vellos e unha camiseta toda esgazada e debaixo do brazo levaba un mangado de prensa, La Calle ou La Farola, un destes periódicos que vende a xente necesitada. Era a Eva.Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando ela, face a face co Jordi, lle confesa que xa non o pode enganar máis, que se prostitúe porque necesita a heroína. E axiña vai ter que marchar para Hamburgo. Que ten que marchar, vólvelle dicir. A desintoxicarse.
A apresentaçom é manhã às 12h na Casa do Concelho de Melide, onde a novela ganhou um prémio literário.
Sem comentários:
Enviar um comentário