terça-feira, 17 de abril de 2007

Tributo a Andrés do Barro

Rematada está já a participaçom de Projecto Mourente no disco de tributo a Andrés do Barro que sairá a meados de maio. Trata-se de uma versom de Corpiño Xeitoso, um dos meus temas favoritos. Para esta ocasom tam especial, com Projecto Mourente colabora nos coros e fazendo vozes Xan Vázquez, o bom amigo que sai na foto. Como nom podia ser doutro jeito, a versom saiu caseira e bailável. Veremos como acabará casando com tanta boa versom que fixérom outros grupos e que já se podem escuitar por aí. Para irmos lembrando, aí vai o vídeo do tema original.

5 comentários:

sergio74 disse...

oh tema orixinal chulisimo pero deseando escoitar o teu q seguro q ta de morte. un saudo, e agardano para escoitalo. unha aperta

Doutora Seymour disse...

Agardaremos entón ata maio para escoitar esa versión, teño curiosidade... Un saúdo.

Anónimo disse...

guapoooooo quando queras actualizamos teu blog!!!

a ver se nos vemos esta fim de semana

beijos!

o moderno de merda

Mario disse...

ás veces penso que este vai ser o disco máis agardado da miña vida. e canto máis contades pior o levo.

suso disse...

Eu também estou a esperar por ele "como água de maio" ;-)