terça-feira, 15 de maio de 2007

24 horas

Dentro de pouco mais de 24 horas estarei no cenário da Nasa. Contam-me que se criou muita expectaçom (demasiada?) e que vai vir muita gente. O meu pescoço periga. Afortunadamente, os ensaios fôrom bem, onte divertim-me muito. Veremos manhã o que sai ao final de toda esta feira na que me metim. Serám só cinco temas. Nessa sala e com esse público, sendo a primeira vez, nom me atrevo com mais. Porém, haverá surpresinhas... que serám gratas, se saem bem.
Outra cousa, no programa Miraxes falam do disco de Tributo a Andrés do Barro e sai o Projecto Mourente fazendo o parvo. Podede-lo ver clicando aqui. Dim-me que em breve emitirám nesse programa o clip caseiro da versom de "Corpiño Xeitoso".

8 comentários:

Ninfa de miel disse...

Tens de reconhecer q és genial assim q a expectaçom é a adequada, hehehe. Muita muita sorte e parabéns!!!!

Roi disse...

cando fas tecnopop non hai stop!! (dios, estou motivadísssimo...)

Radio Oceanica disse...

ei, xenial o de Miraxes, quedou moi ben!

e moita sorte hoxe 8-)

Zerovacas disse...

alí estaremos, esperando a sorpresiña. Polo de agora vou pasar a tarde mourenteando. Sorte

sergio74 disse...

imaxino q a estas oras estaras na nasa. so era pra desear moita merda. vemons alo....¡¡¡¡¡¡¡¡

Fer disse...

Tremendo, onte foi tremendo.
És um génio! Passeino de vício! :D :D

Luis_en_transito disse...

neno, que ben o pasei ...pena de perdervos a pista despois ...bua bua bau

Quero máis concerto, máis e pronto ( e un poco de falar tamén )

Bruno e un encanto

jo, si me emocione y to ,-)

Bicos garndes

ghanito disse...

A expectación estaba mais que xustificada, estupendo o combo con The Homens.

Eu paseino de coña, balei coma un tolo na primeira fila e agardo poder estar outra vez nun vindeiro concerto.

¡A musica electrónica galega xa ten a súa estrela! ¡Parabéns! ;-)