sexta-feira, 18 de maio de 2007

Obrigado

O concerto de antonte foi, sem dúvida, um dos melhores dias da minha vida. Obrigado a toda essa gente que veu por fazer que fosse assi. Sinto-me como se me dessem um Óscar, um Goya ou um prémio em Cans. E neste momento de gratitude infinda, queria-lhes agradecer também a The Homens o grande agasalho que me figérom ao me convidarem á Nasa (obrigado também aos técnicos da sala) a tocar e cantar com eles (por certo, adorei os seus novos temas e como vestírom os meus ao vivo). À Regueifa Plataforma também lhe queria agradecer todo o que me aconteceu nestes últimos meses. A Iolanda, um "obrigadíssimo" polo grande que é. E, por suposto, um abraço para Los Ruines, uns rapazes bem simpáticos.

Hoje voltei um pouco para a noite de antonte lendo as crónicas e vendo os vídeos e as fotos nos blogues (obrigado a tod*s). Resultou-me estranho ver-me e algumas cousas que se escrevêrom parecem-me um tanto exageradas, mas também é certo que venhem de bons amigos e já se sabe que os amigos sempre tendem a tirar por um.

Por suposto, nom me importaria repetir, ainda que só for a metade de intenso. É uma experiência realmente forte, dessas que criam dependência. Contodo, também queria lembrar(-me) que o Projecto Mourente é só um passa-tempo, que nom procuro uma carreira musical e que nom pretendo fazer tours por Galiza adiante. Afortunadamente, neste pequeno país que é o nosso já existem muitos e excelentes músicos, de todos os estilos, que se dedicam a tocar e que o fam realmente bem.
P.D.- A foto tirou-na o Ghanito.

11 comentários:

Martin Wu disse...

Podes estar seguro de que tamén foi un dos mellores concertos da miña vida. Gracias a ti e a Iolanda!

Marinha de Allegue disse...

Foi realmente emocionante.
P A R A B E N S de novo!!!

Beijos e Apertas desas que tanto che gustan sultán.
;)

besbellinha disse...

Que máis dicir, gracias e máis que gracias a ti por facernos bailar e pasar o tempo de tan bo xeito, por suposto tamén a eses Homens e como di marinha, foi realmente emocionante.

Bicos e apertas a millóns que todo é pouco. Noraboa por tan bo debut e vémonos de bailoteo!!

ghanito disse...

Grazas e parabéns a ti por facer que o pasáramos tan ben bailando e cantando os temas.
Se queres algunha foto mais que teño, só tes que pedila ó ghanito(en)gmail.com.

E o de facer concertos non ten que ser profesional para estar ben, así que vai pensando en repetir ;-)

Luis_en_transito disse...

neno

pasámolo todos estupendamente

y eu sei ben porque ....

porque había moita ilusión ... e iso tránsmítese

ademais, bos compositores, bos cantantes de boa música, bos guitarras, bos biaxistas,e boa xente

unha aperta

Fer disse...

Parabens, parabens, parabens.
E obrigado! Por dar-nos umha noite boníssima, por fazer-nos bailar coma tolos e por converter o teu "passa-tempo" em algo que puidemos (e podemos) desfrutar todos!

A rapaza do arco disse...

Eu paseino xenial xenial e non creo que esaxeren demasiado. O caso é que, profesional ou non, andamos tod@s ilusionad@s, tamén eu que non te coñezo persoalmente (ben, de verte polas noites no mal estado no que vou sempre :D).
E estaría moi ben que o de dar concertos comezase a crearche dependencia e se convertira nun vicio, nós estamos desexando repetir :)

sergio74 disse...

todos os alagos som poucos... nunca actuaras e foi como se levaras tempo facendo. encantoume, foi xenial, encantoume q xa lle diras o teclado. gostoume moito.... unha aperta forte. beijos

Zerovacas disse...

Que vou engadir a todo o dito? Só confesarche que, aínda que confiaba en que o concerto fose bó, non pensaba que fose tan impresionante. Fiquei abraiado, pampo. Noraboa

gustavo harvey disse...

Nene foi o melhor concerto da minha vida, que queres que diga? :P

Nemeth disse...

e non poderías repetir un concertiño na primeira quincena de xullo. os fans que tamos na emigración tamén temos dereitos :)

unha mágoa non poder estar e bailar en directo os teus temas, e non só no salón da miña casa...

apertas