sexta-feira, 11 de maio de 2007

Vai-se achegando o dia...

E nom me refiro a Eurovisom (vaia decepçom os resultados da semi-final de onte), refiro-me ao concerto na Nasa, o próximo dia 16. Polo de agora nom tenho muitos nervos, mas essa noite decerto que terei que levar cueiros por baixo dos pantalões. Para aquecer o ambiente e criar expectativas (esperemos que nom se tornem falsas), a revista Sonotone acaba de publicar uma entrevista a Projecto Mourente. Como se verá, o entrevistador foi o bom amigo Gustavo Harvey ou, o que vem sendo o mesmo, o Moderno de Merda. Precisamente, foi el o que fixo o seguinte vídeo de promoçom do concerto. Um milhom, Gustavinho!

10 comentários:

Anónimo disse...

Ohhh, q giro o vídeo!!!!! Ainda nom sei se podo ir ao "debut" de Projecto Mourente!!! Eu queroooooo!!!! Q emoçom!!! Ânimo!

caBle disse...

hhhaaarrlrlllllllll!!!!
Penso que xa o dixen.... pero coincidimos en dia... a ver se non en hora e podo ese direcccttoooo!!!!

caBle disse...

e podo ver queria decir... ufff que fame que trago palabras!!!

besbe disse...

moi boa a entrevista e vamos, xa te podes ir preparando que seremos unha horda de fans alí en primeira liña :)

Anónimo disse...

Nada de nervios nin de cueiros, veño de ver o seu video e gustoume moito. Ánimo e a por todas.

sergio74 disse...

q bom o video do Harvey esta feito un crak, cando o vim escachei coa risa esta moi bem feito, e nom me contou na o tipo q caladiño o tiña,jejje; xa me tarda o dazaseis ,via ser xenial. Gostoume a entrevista. o martes imos ir o homenaxe d Andres do Barro no Jofre. saudos e unha aperta..

Marinha de Allegue disse...

Prepárate si para @s fans...

Beijos Sultán.
:)

Anónimo disse...

Seguro ke o teu "debut" vai ser un éxito total!! Pena de poder ir...
Solo espero ke lle collas o gusto a isto e fagas algún "debut" máis...

Anónimo disse...

O que non sabía eu era que estudiaras (un dicir) no CUVI. Ánimo, pois, que menuda propaganda che deu hoxe a amiga María Yáñez.

Anónimo disse...

avisados están todos

hala !!!!

imos alooooo

http://lanevera61.com/serendipity/archives/1193-Homens-!!!-unha-de-Mourente.html